O sábado 26 de decembro a partir das 22:30 horas na coñecida sala viguesa Rass (C/ Churruca, 18), terá lugar o Festival Multiartistico HIP HOP 33mg que pretende amosar o traballo de artistas mozos da cidade en torno a diferentes disciplinas artísticas da cultura urbana.
O proximo sabado, subiranse ao escenario os grupos de rap:
PANIKO EN LAS CALLES
KAIXO SAMA vs LCESAR
LACOSTA
SOL Y SOMBRA
PRO-VISIONAL
+ Micro aberto
O Festival complementase, ademais, con:
- Obradoiro de graffiti sobre camisetas,
- Exhibición de break dance
- Proxección de fotografías de graffitis e concertos.
Este Festival é a continuación dun proxecto (HIP HOP 33mg) co que pretendese dotar a mozos e mozas de habilidades e coñecementos artísticos, ademais de favorecer a integración social dos participantes. O proxecto comezou cun curso de formación dun mes de duración que se ven desenrolando en diferentes espazos da cidade, e no que participaron 19 adolescentes.
O sabado a noite, tra-lo nadal, daranse cita alguns dos participantes, profesores, e grupos invitados nunha festa da cultura urbana de Vigo.
